iMarginate 7'5
CONTIDO: 7
Hai cousas interesantes dentro dalgunhas seccións pero ás veces quéda un pouco escaso, supoño que por falta de tempo.
ESTRUTURA: 8
A estrutura é sinxela e queda bastante clara.
NAVEGACIÓN: 8
Como a estrutura, a navegación tamén é sinxela e bastante rápida. As seccións aparecen na páxina principal e durante toda a navegación podes acceder directamente a elas.
COR E TIPOGRAFÍA: 7
Moito colorido e debuxos “simpáticos”. Todo está relacionado con cousas frikis. A tipografía cambia dos menús ás seccións, pero aínda así segue certa xerarquía.
ASPECTOS POSITIVOS:
Certos contidos interesantes e divertidos, o colorido e os debuxos e a navegación.
ASPECTOS NEGATIVOS:
A imargipedia sen acabar, o menú que ás veces queda moi arriba e algúns contidos que carecen de interés.
The sick room 8'5
CONTIDO: 9
Ainda que só é un xogo, é divertido e orixinal. Quizais estaría mellor con máis opcións e máis pasos.
ESTRUTURA: 8
Sinxela e fácil de entender.
NAVEGACIÓN: 8
É fácil navegar por ela. O menú principal sempre aparece, polo que podes volver a empezar cando sexa. Os pasos do xogo quedan claros e non ten moita complicación.
COR E TIPOGRAFÍA: 9
Propicia un ambiente de suspense e de certa escuridade, moi acorde co sentido da páxina.
ASPECTOS POSITIVOS:
É divertida, o aspecto faiche entrar en ambiente e é unha idea orixinal. Navegación sinxela e clara.
ASPECTOS NEGATIVOS:
O contido igual é moi específico, non hai alternativas, ainda que de iso se trata ao mellor.
Os feitizos da meiga 8
CONTIDO: 7
Ten bastante información, ainda que na sección das meigas televisivas se quedaron un pouco escasas.
ESTRUTURA: 9
Clara e sinxela. Fácil de entender.
NAVEGACIÓN: 9
Ten un menú principal onde aparecen claramente as difertentes seccións e, dentro destas, sempre podes ir directamente a calquera das outras.
COR E TIPOGRAFÍA: 7
O menú principal está bastante ben, pero despois igual resulta un pouco monótono sempre o fondo negro e a letra laranxa. Igual quedaría mellor outro tipo de letra e uns fondos máis elaborados, para crear máis ambiente de meigas e feitizos.
ASPECTOS POSITIVOS:
A navegación fácil, o contido amplio nalgunhas seccións, ten un foro...
ASPECTOS NEGATIVOS:
Escaso contido na sección das meigas televisivas, unha apariencia un pouco monótona...
División Paquito 9
CONTIDO: 9
Específico pero moi divertido. Pode parecer escaso porque solo hai videos cun pequeno texto e logo o apartado de descargas, pero esa é a idea penso. Ten o mérito de que todo é de produción propia (CREO).
ESTRUTURA: 9
Sencilla y para toda la familia.
NAVEGACIÓN: 9
Sempre tes un menú para ir ás diferentes seccións cando queiras, incluso para volver a mirar a introdución.
COR E TIPOGRAFÍA: 9
Hai armonía entre as diferentes seccións e, individualmente, a cor e a tipografía axuda a crear o ambiente desexado.
ASPECTOS POSITIVOS:
É divertida, feito por eles mesmos e resulta fácil de navegar.
ASPECTOS NEGATIVOS:
Igual ten un contido demasiado específico, non ofrece alternativas.
Ellla TV 7'5
CONTIDO: 6
Está ben que todo o crearan elas pero é pouco interesante, aparte de que é todo inventado.
ESTRUTURA: 8
Tamén é bastante sinxela. Quedan ben definidas as seccións.
NAVEGACIÓN: 7
Aparece un menú para acceder as diferentes seccións en case todo momento, excepto cando miras a fondo unha sección, ahí faise un pouco liosa.
COR E TIPOGRAFÍA: 9
Bastante vistosa, hai armonía entre as diferentes seccións e todo xira en torno a tres cores, que se identifican cada unha cun personaxe.
ASPECTOS POSITIVOS:
O logo sempre está presente e recorda onde estás, o contido está ben definido e está bastante traballada.
ASPECTOS NEGATIVOS:
Contido pouco interesante, a navegación dentro das seccións é menos vistosa e máis complicada...
Gelatina 7'25
CONTIDO: 6
Aburrido e carente de interés (para min).
ESTRUTURA: 8
Esta ben estruturada, pero quizais ten poucas seccións.
NAVEGACIÓN: 8
Bastante cómoda. Sempre podes ir dunha sección a outra e, dentro delas, é sinxelo volver atrás.
COR E TIPOGRAFÍA: 7
Hai moito colorido, pero o fondo igual é moi sobrio. A tipografía cambia dentro da mesma sección ou páxina.
ASPECTOS POSITIVOS:
A navegación é fácil, o contido inventado que supón un traballo de creación...
ASPECTOS NEGATIVOS:
O contido non é moi interesante, ten poucas seccións e algunhas delas case non teñen nada de información...
Nicotina no Condón 8
CONTIDO: 7
Está ben. Todo o que se pode dicir acerca dun grupo que practicamente acaba de empezar supoño.
ESTRUTURA: 8
Clara e sinxela. Non sei que máis podo dicir.
NAVEGACIÓN: 8
É fácil moverse pola páxina. Aparece sempre o menú principal e, dentro das seccións, é fácil volver atrás.
COR E TIPOGRAFÍA: 9
O estilo en branco e negro vai acorde co contido da páxina. A tipografía cambia un pouco pero non queda mal.
ASPECTOS POSITIVOS:
O estilo queda moi ben ao tratarse dun grupo de teatro, a navegación é sinxela e bastante rápida, ofrece bastante información acerca deles.
ASPECTOS NEGATIVOS:
Os botóns con fotos ás veces non as carga ben, hai partes escritas en castelán (!!) e na páxina principal falan do seu desexo de facer teatro en galego, a min non me cadra, (aparte de que a maioría da páxina está en galego).
Tunic a revista 8'5
CONTIDO: 8
Como parodia das típicas revistas superficiais para mulleres está moi ben. Ademais está bastante traballado na maioría das seccións e inclúe cousas curiosas coma o aviso legal.
ESTRUTURA: 8
Ten bastantes seccións e está ben organizada.
NAVEGACIÓN: 9
É moi fácil ir dunha sección a outra e sempre sabes en cal te atopas en cada momento.
COR E TIPOGRAFÍA: 9
Utiliza cores chamativas e a mesma tipografía. Está moi ben porque lle dá unidade á páxina.
ASPECTOS POSITIVOS:
A publicidade, o aviso legal, está moi ben porque dá credibilidade.
ASPECTOS NEGATIVOS:
Hai seccións nas que faltaba un pouco de información.
O Sacho 9,75
CONTIDO: 9
Moito contido e, dentro do que cabe, bastante variado. É orixinal no sentido de que non se parece ao resto de páxinas de refráns.
ESTRUTURA: 10
Ben estruturado, con moitas seccións.
NAVEGACIÓN: 10
Moi sinxela e bastante rápida (tiven algúns problemas pero seguramente sexa culpa da liña ou do ordenador). Moi cómoda.
COR E TIPOGRAFÍA: 10
Está moi ben porque é o que fai que esta páxina non se pareza ao resto de páxinas sobre este tema. Recorda á chuva e ao verde do monte, moi galego. Está moi ben.
ASPECTOS POSITIVOS:
A orixinalidade da tipografía e da cor, a navegación, os múltiples contidos (tamén hai xogos). Ten moita vida pese a tratar sobre un tema tan sobrio.
ASPECTOS NEGATIVOS:
Pese a todo o tema é moi limitado e unha cuestión de gustos.
Nuestros 90 9'5
CONTIDO: 10
Moito contido e divertido desde o punto de vista dunha persoa que, por ben ou por desgracia, creceu nesta década. Hai un traballo moi grande de documentación
ESTRUTURA: 9
É sinxela. As seccións quedan ben marcadas.
NAVEGACIÓN: 9
É moi rápida e fácil. Aínda que na parte da TV debería haber unha maneira de poder ir directamente á serie ou ao programa que cada un queira.
COR E TIPOGRAFÍA: 10
Aínda que pode resultar un pouco infantil, diso se trata. Moito colorido e debuxos de nenos pequenos. Axuda a recordar a infancia dalgunha maneira.
ASPECTOS POSITIVOS:
A grande cantidade de contidos, o aspecto da páxina. Aos que lles ensinei todas as páxinas esta é a que máis lles gustou.
ASPECTOS NEGATIVOS:
O que xa dixen antes das series de TV que igual tiña que haber un menú de todas xuntas para acceder máis rapido.
Wally Street, Compostela 9,13
CONTIDO: 9'5
Está moi ben porque ten moito contido, variado e amplio. Ademais, trata de maneira orixinal un tema que resulta bastante repetitivo. Debería coidar máis o idioma e as faltas de ortografía.
ESTRUTURA: 10
É sinxela e fácil de comprender.
NAVEGACIÓN: 9
Como a estrutura é clara a navegación resulta sinxela. Pero os nomes dalgunhas seccións son un pouco inconcretos, fan que non saibas a onde vas. Ainda que isto tampouco é supón un grande problema.
COR E TIPOGRAFÍA: 8
Está ben. Respétase de sección en sección, pero igual falla un pouco en que se misturan distintas tipografías.
ASPECTOS POSITIVOS:
A orixinalidade, o amplio contido e o peregrín Wally.
ASPECTOS NEGATIVOS:
Os nomes das seccións que non son moi concretos, os cambios de tipografía e, sobre todo, o idioma un pouco descoidado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A valoración numérica global era imprescindible, incluido o voso proxecto. Síntoo, pero é como se non se fixera.
mol
Publicar un comentario