jueves, 14 de febrero de 2008

autocritiquísima do UniversoSAP (por Sara Riobó)

A nosa páxina web pode resumuirse na seguinte frase: tarde, mal e arrastro. Creo que isto queda bastante reflexado cando navegas por ela.

...

Universo SAP 6,25

CONTIDO: 5

Pouco e moi subxectivo, hasta carece de sentido en ocasións. Parece máis un blog que unha web nalgúns casos. Con tempo, poderíanse ter feito máis animacións de flash (que era a miña intención nun principio).

ESTRUTURA: 7

Penso que a estrutura é do que mellor está, o que pasa é que a independencia entre os diferentes mundos pode liar ao internauta.

NAVEGACIÓN: 7

Un pouco liosa en ocasións, case sempre intuitiva. Quero dicir que no caso do meu mundo era un pouco o que pretendía, que o internauta pinchara aquí e alá sen saber moi ben o que iba a pasar, pero ten moi pouco contido e moi desordenado.

COR E TIPOGRAFÍA: 6

Dentro dos diferentes mundos está ben, respétase a tipografía e as cores non están mal elixidadas. O problema é que non hai moita cohesión entre os diferentes mundos, parecen tres páxinas diferentes ás veces.

ASPECTOS POSITIVOS:

A idea estaba bastante ben, pero non se levou a cabo como debería.

ASPECTOS NEGATIVOS:

Requería máis traballo dentro de cada mundo. Un pouco máis de "vidilla" e máis cohesión entre os tres mundos tampouco lle viña mal.

...

Sinceramente, facía falta máis comunicación entre nós (Adri, Pablo e máis eu), un pouco máis de traballo en equipo, o que nos tería axudado a definir máis e mellor a idea.

Por último, quería apuntar que aprendín a facer animacións no flash o domingo (gracias a un colega que me deixou apuntes e animacións que el fixera fai anos nun curso) e a páxina tiña que estar lista o mércores. Non é que non traballaramos, que si, pero non o suficiente ou non co suficiente tempo(tarde, mal e arrastro).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os seguintes enderezos son sobre animacións
http://www.atomiccartoons.com/
http://brokensaints.com/blog/
http://www.flinch.com/
http://es.kubrick2001.com/
http://www.labutaca.net/films/8/wakinglife.htm

Por favor, escribir unha entrada avisando que a bitácora non se vai actualizar. Grazas.