
Tron (1982)
Película de ciencia-ficción producida pola Disney, dirixida por Steven Lisberger e protagonizada por Jeff Bridges, Bruce Boxleiter e Cindy Morgan.
A súa importancia radica en que está considerada como unha das primeiras longametraxes de animación por ordenador (aínda que combina isto con imaxes reais).
Nela, un programador informático é descomposto por moléculas e introducido nun ordenador. Xunto cuns programas informáticos intentan fuxir do dominio do Programa de Control Maestro.
Frikis, programadores, videoxogos primitivos, persoas introducidas nun ordenador, un PCM intelixente e dictarorial, unha historia de amor, mortes tráxicas (de programas informáticos) e moitas luces de neón.
No seu momento foi un fracaso de taquilla considerable e, hoxe en día, resulta cómica debido aos seus efectos especiais arcaicos. Pero pasou á historia por ser innovadora no seu momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario