http://es.youtube.com/watch?v=KjqBnun0YXs
Este corto de animación foi feito por Chuck Jones en 1953.
É interesante porque xoga co feito de debuxar e borrar a situación na que se atopa o Pato Lucas, que cada vez se cabrea máis co debuxante.
A intención do propio Chuck Jones con este corto era demostrar ata que punto se pode distorsionar un personaxe animado e, ainda así, que esta siga sendo identificable polo público.
Moi interesante....
viernes, 14 de diciembre de 2007

Tron (1982)
Película de ciencia-ficción producida pola Disney, dirixida por Steven Lisberger e protagonizada por Jeff Bridges, Bruce Boxleiter e Cindy Morgan.
A súa importancia radica en que está considerada como unha das primeiras longametraxes de animación por ordenador (aínda que combina isto con imaxes reais).
Nela, un programador informático é descomposto por moléculas e introducido nun ordenador. Xunto cuns programas informáticos intentan fuxir do dominio do Programa de Control Maestro.
Frikis, programadores, videoxogos primitivos, persoas introducidas nun ordenador, un PCM intelixente e dictarorial, unha historia de amor, mortes tráxicas (de programas informáticos) e moitas luces de neón.
No seu momento foi un fracaso de taquilla considerable e, hoxe en día, resulta cómica debido aos seus efectos especiais arcaicos. Pero pasou á historia por ser innovadora no seu momento.
jueves, 13 de diciembre de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


